Publicador de contidos

Publicador de contidos

O furacán Fiona provoca un apagamento xeral en Porto Rico

O furacán Fiona provoca un apagamento xeral en Porto Rico

O restablecemento total do servizo tardará varios días

O furacán Fiona, de categoría 1, está a fortalecerse O furacán Fiona, de categoría 1, está a fortalecerse
G24.gal 18/09/2022 22:02

O furacán Fiona deixou sen luz este domingo todo Porto Rico, segundo a empresa encargada da transmisión da electricidade LUMA Energy, que adiantou que o restablecemento total do servizo "pode tardar varios días".

"Como resultado do mal tempo, incluíndo os ventos de 130 Km/h do furacán Fiona, o sistema eléctrico sufriu varias interrupcións nas liñas de transmisión, as cales contribuíron a un apagamento en toda a illa", informou en Twitter.

Fiona, furacán de categoría 1, está a fortalecerse e pode causar inundacións "catastróficas" en Porto Rico e na República Dominicana, sinalou no seu último boletín o Centro Nacional de Furacáns dos Estados Unidos.

LUMA explicou que as condicións do tempo son "extremadamente perigosas e están a dificultar" a súa capacidade de avaliar a situación por completo.

"Debido á magnitude e o alcance do apagamento, así como os efectos do furacán Fiona, o restablecemento total do servizo eléctrico pode tardar varios días", advertiu a empresa.

Rede eléctrica fráxil

A rede eléctrica de Porto Rico é moi fráxil, especialmente desde o paso do furacán María, que fai xusto agora cinco anos devastou a illa e arrasou con todo o seu tendido eléctrico, deixando gran parte da poboación ás escuras durante meses.

Tamén no mes de abril houbo un apagamento xeral en toda a illa por un incendio nunha central e o restablecemento do servizo levou varios días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade