O Frigoríficos do Morrazo discútelle o partido ao Barcelona (30-36)
A cinco minutos do final o equipo de Nacho Moyano estaba metido de cheo no partido cun 29-31
O Cangas Frigoríficos do Morrazo completou un gran partido diante do todopoderoso Barcelona ao que lle pelexou o partido ata os últimos cinco minutos. Partido espectacular dos de Nacho Moyano que lle aguantaron o ritmo ao Barça durante toda a primeira metade. A máxima diferenza visitante foi de tres goles e chegouse ao tempo de lecer cun 18-20.
No segundo tempo o equipo catalán buscou rachar o partido (22-25) pero era incapaz de marcharlle dun Frigórificos do Morrazo levado polo Gatañal. A cinco minutos do final o marcador era de 29-31. Non lle durou máis a gasolina aos de Cangas que acabaron perdendo por 30-36.
Partidazo de Mads Thymann con nove goles. No Barcelona o máis destacado foi Carlsbogard con 7 goles.