Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brandon Taylor marcha do Leyma Coruña para xogar o 'play off' co Virtus de Bolonia

Brandon Taylor marcha do Leyma Coruña para xogar o 'play off' co Virtus de Bolonia

O base estadounidense era o máximo anotador do equipo con 13,3 puntos de media por partido

G24.gal 12/05/2025 20:03

A primeira consecuencia do descenso do Leyma Coruña é a marcha do seu xogador estrela da temporada. O base Brandon Taylor atopou destino no Virtus de Bolonia da Liga Italiana que vai comezar o play off polo título. 

A influencia de Taylor no xogo do Básquet Coruña era moi importante. O xogador con máis minutos en pista (case 27), que máis puntos metía (13,3), o segundo mellor asistente da Liga ACB (6,8 por partido) e tamén o segundo da competición en porcentaxe de tiros libres (91 %).

Os bos números de Taylor chamaron a atención do Virtus. Ademais é un xogador ben coñecido no campionato italiano despois do seu paso por Reggio Emilia na 20-21 cando foi un dos bases máis anotadores do torneo con case 15 puntos por encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade