Jorge Pérez rexeita a oferta de renovación do Frigoríficos e xogará en Francia
O porteiro zaragozano chegou ao Gatañal no verán de 2023 procedente do BM Rioxa

O porteiro Jorge Pérez, que se recupera dunha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, non continuará a próxima tempada no Frigoríficos do Morrazo, despois de rexeitar a oferta de renovación que lle presentou a entidade presidida por Alberto González.
O seu gran rendemento co equipo galego -lesionouse de gravidade no partido contra o Anaitasuna da última xornada da primeira volta da Liga Asobal- provocou que numerosos clubs españois e europeos se fixasen nel.
Finalmente, o porteiro zaragozano, que chegou ao Gatañal no verán de 2023 procedente do BM Rioxa, decidiu continuar a súa carreira no balonmán francés, aínda que de momento non desvelou o nome do seu novo club.