O Celta pode achegarse á matrícula de honra en San Sebastián
Un triunfo eliminaría da pelexa europea á Real Sociedade e mesmo habería unha opción matemática de clasificación para o Celta unha vez rematada a xornada 36
O partido xógase este martes ás 20:00 no Reale Arena coa arbitraxe de García Verdura
Apenas tres días despois da esforzada vitoria contra o Sevilla o Celta vai a Donosti para seguir defendendo a praza europea contra un rival directo. A baixa de Marcos Alonso pola expulsión limita a marxe de manobra: Dúas fichas do B Yoel Lago e Javi Rodriguez, irán á defensa. Giraldez xa tivo que tomar contra o Sevilla decisións en inferioridade e pouco premeditadas. Sorprendeu Ilaix Moriba marcando o seu primeiro gol co Celta, a tres partidos de finalizar a súa cesión en Vigo. Entra na convocatoria superados os problemas físicos Mingueza. Outra peza clave e feliz goleador.