Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Veiga, despois de gañar a Champions asiática: "No verán pode pasar calquera cousa"

Gabri Veiga, despois de gañar a Champions asiática: "No verán pode pasar calquera cousa"

O porriñés pasou polo programa Ao contraataque e falou de Claudio Giráldez como o factor clave na melloría do Celta

G24.gal 12/05/2025 22:44

O centrocampista porriñés Gabri Veiga pasou polo programa Ao contraataque da Radio Galega días despois de ser o primeiro futbolista español en gañar a Champions asiática co Al Ahli Saudí. O equipo de Arabia impúxose na final ao Kawasaki Frontale do Xapón con goles de Galeno e Kessié (2-0) e coa participación do xogador galego. 

Gabri Veiga, que remata contrato en 2026, falou de que no verán "pode pasar calquera cousa" en referencia ao seu futuro.

"Remato contrato a vindeira temporada e haberá que ver os intereses de todas as partes para resolver o futuro pero estou moi tranquilo", comentou o xogador. 

Tamén se lembrou do "seu" Celta que está a piques de meterse en competición europea. Gabri Veiga, que coincidiu con Giráldez no filial, considera que a chegada do seu paisano ao banco é a clave para a mellora das prestacións do equipo.

"Só había unha persoa capaz de facer iso, fala do especial que é Claudio", recoñeceu o canteirán celeste, que sempre deixa a porta aberta ao regreso a Balaídos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade