Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fórum Gastronómico clausura a 9ª edición cunha xornada centrada na defensa do produto natural e de proximidade

O Fórum Gastronómico clausura a 9ª edición cunha xornada centrada na defensa do produto natural e de proximidade

As actividades de cociña do auditorio son as sesións de máis impacto

G24.gal 09/04/2024 14:50

Desde a horta dos pequenos produtores e as adegas dos artesáns ata os fogóns dos chefs máis reputados. A gastronomía está representada en toda a súa cadea de valor na novena edición do Fórum Gastronómico que hoxe celebra unha xornada centrada no público profesional. É a última cita en Expocoruña deste intercambio de saberes e de sabores, que abrangue desde a pequena produción agroalimentaria ata os fogóns. 

"Esta novena edición está sendo un éxito, máis de 200 expositores enchen o pavillón e os cinco espazos de actividades estiveron ao completo os dous días e medio en que vimos celebrando o Fórum", subliñou Pep Palau, o director de Programa de Galicia Fórum Gastronómico. 

As actividades de cociña do auditorio son as sesións de máis impacto. Pero as 200 casetas ofrecen degustacións, reflexións e actividades de gastronomía. Esta mañá houbo degustacións de augardentes... de ovas... Vimos a calidade dos mariscos e dos produtos cárnicos, cun apartado especial para o lugar que ten o porco na gastronomía galega; e, por primeira vez e para quedar, un mercado do queixo, o Cheese Fórum, coa proposta de excelencia de 15 artesáns.

A defensa do produto natural de proximidade  deixou hoxe un manifesto de vinte recoñecidos chefs a favor da alimentación sostible.

"Produtos de proximidade, respectando as temporadas, que sexan ecolóxicos. Para nós, como profesionais, ter un pequeno produtor que sabes cando planta, que rastrexabilidade ten, para nós ten moito valor poder levar iso ao prato, e que un cliente sente na mesa e poder dicirlle: este produto non usa pesticidas, é algo natural", explicou Álvaro Victoriano Aguado, o novo presidente de Coruña Cocina. 

De sobremesa, que tamén había para escoller, hoxe destacou a presentación da Festa do Melindre, nas Terras de Melide os próximos 11 e 12 de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade