Publicador de contidos

Publicador de contidos

O fillo dun desaparecido do Villa de Pitanxo: "Se o patrón fixese todo o que podía, non habería 21 mortos"

O fillo dun desaparecido do Villa de Pitanxo: "Se o patrón fixese todo o que podía, non habería 21 mortos"

O patrón do Villa de Pitanxo racha o seu silencio 

Sobre que o patrón acusa a Samuel de mentir, Christofer cre que ten que demostrar como poida que non foi culpable do que pasou

G24.gal 15/03/2022 08:44

O patrón do barco do Villa de Pitanxo Juan Padín rompe o seu silencio. Faino nunha entrevista exclusiva en Faro de Vigo, algo que non sentou moi ben entre os familiares dos falecidos e desaparecidos.

Dá unha versión diferente da que se escoitou e a que defenden as familias. Asegura que fixo todo o que estaba nas súas mans, que ese día o tempo non era tan malo, que a máquina parou e fallou e que non sabe como se produciu ese paro, e engade que cre que todos puideron saír do buque dun xeito ou doutro.

Christofer González, fillo dun dos mariñeiros desaparecidos, ofreceu unha entrevista no informativo Bos días en que asegura que non o asombra nada do que di e que el non recibiu ningunha chamada nin da armadora nin do patrón.

Juan Padín dixo que se fixera todo o posible, pero Christofer cre que se así fose non habería 21 mortos. O fillo dun dos desaparecidos manifestou que "non cadra nada, porque unha das balas apareceu baleira e só tres persoas apareceron co traxe de protección". Cre que o patrón está falando por un guión, porque despois dun mes tivo tempo para preparar a entrevista, e que a declaración fai auga por todos os lados porque hai probas. 

En canto ao gromo de coronavirus no Villa de Pitanxo, dixo que os tripulantes seguiron traballando, que a armadora non sabía que había contaxiados  e que o camarote habilitado para eles só tiña uns palets e uns cartóns. Sobre que o patrón acusa a Samuel de mentir, Christofer cre que ten que demostrar como poida que non foi culpable do que pasou. Non quixo manifestar como se sente porque non hai palabras para describir o que lle están facendo.

Christofer González esixiulle unha vez máis ao Goberno que baixen ao barco porque alí hai probas do que aconteceu. O venres 18 de marzo os desaparecidos serán declarados mortos e haberá un funeral conxunto por todas as vítimas ao que asistirá o ministro de Pesca e Agricultura Luis Planas. Os familiares queren que non veña só para facer unha foto senón para poñérense a traballar.

Sobre o contacto con Samuel, o terceiro supervivente do naufraxio, Christofer afirmou que ten todo o apoio deles pero que o mellor que poden facer é non ter contacto con el para estar á marxe. Si queren darlle as grazas por todo o que fixo. Cre que con todas as probas que hai e con todo o que van atopar, espera que a xustiza aclare o que aconteceu porque non crerán nela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade