O Festival de Teatro Clásico de Almagro dedica un día a Galicia
Dende a cidade machega, o Conselleiro de Cultura reivindica a calidade e potencialidade das creacións galegas
O Centro Dramático galego e outras cinco compañías desembarcan no Festival Internacional de Teatro Clásico de Alamagro. Nesta edición 45 na que o certame recupera a total normalidade tras dous anos de pandemia, Galicia é a comunidade convidada de honra.
Dende a cidade machega, onde asisitiu aos actos de conmemoración do Día de Galicia, o Conselleiro de Cultura reivindicou a calidade da produción escénica galega.
É un orgullo porque estamos nun dos epicentros do teatro clásico a nivel internacional, un dos festivais máis recoñecidos no mundo. Que Galicia sexa neste momento a Comunidade convidada e que aporte e participe con producións propias do CDG xunto a outras cinco compañías é motivo de orgullo e tamén o recoñecemento ao traballo de moitos anos.
Nesta ocasión, Almagro levanta o telón con 50 espectáculos que ofrecen unha visión inclusiva e accesible do teatro clásico do Século de Ouro. É o caso da obra Estrela do Día, escrita por Quico Cadaval. Marcos PTT é o seu director.
"Gústanos moito saír fóra de Galicia e ofrecer o noso idioma e a nosa sonoridade".
Na representación utilizan un sistema de linguaxe de signos. O director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez explícao:
Permite que todas as funcións sexan accesibles tanto a persoas con discapacidade auditiva como visual e iso creo que é un salto, sobre todo polo concepto, non tanto polo mecanismo senón pola idea de que sempre sexan accesibles.
O Festival de Almagro continua ata o 24 de xullo con máis creacións vangardistas.