Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia paterna da nena falecida por queimaduras en Sevilla ve contradiccións nas explicacións da nai

A familia paterna da nena falecida por queimaduras en Sevilla ve contradiccións nas explicacións da nai

Piden unha investigación ampla e exhaustiva e que se depuren responsabilidades

O avó paterno asegura que a bebé presentaba lesións con anterioridade

G24.gal 09/06/2026 14:39

O avó paterno comparecía ante os medios acompañado dos seus avogados. Queren que se resolvan as incógnitas que rodean a morte de Leire. 

"Quixemos manter a calma a pesar da desinformación, as circunstancias que rodearon o falecemento da miña neta son incomprensibles", explica José Antonio Molino, avó paterno da bebé falecida.

A meniña ingresaba en abril no hospital con queimaduras no 60 por cento do seu corpo tras un baño na casa da avoa materna. Falecía o pasado venres. A nai desde o principio responsabilizou do sucedido o que era o seu noivo nese momento.

 "Moitas contradicións tanto en sede xudicial coma policial, polo que non descartamos ningunha hipótese", di o avogado.

A familia paterna fala de contradicións na versión da nai e denuncia que a nena con anterioridade xa presentaba lesións.

"En varias ocasións Leire chegou ás nosas mans con lesións e marcas físicas", asegura o avó paterno.

O grupo de homicidios que investiga o caso agarda polo resultado da autopsia. As primeiras hipóteses apuntan a unha neglixencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade