Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril gáñalle ao Torrelavega e pelexará polo ascenso á 1ª RFEF

O Fabril gáñalle ao Torrelavega e pelexará polo ascenso á 1ª RFEF

Gañou por 3-0 con goles de Manu Ferreiro, Garrido e Darío Germil

Os posibles rivais na fase de ascenso serán o Éibar B, o Sant Andreu, o UCAM Murcia e o Talavera

G24.gal 04/05/2025 14:20

O Fabril gañoulle á Ximnástica de Torrelavega e garantiu xogar a fase de ascenso á Primeira Federación. Ademais subiu un posto na clasificación aproveitando a derrota do Ávila en Pasarón e acaba como cuarto na táboa. Os seus posibles rivais serán os terceiros dos outros grupos, co primeiro partido como local. Éibar B, Sant Andreu, UCAM Murcia e Talavera poden ser os adversarios do equipo de Manuel Pablo nesa primeira eliminatoria. 

Comezou nervioso o Fabril e iso aproveitouno a Ximnástica para ter o dominio e xerar máis oportunidades. O gol de Manu Ferreiro (minuto 25) deulle tranquilidade ao filial deportivista pero no segundo tempo volveu a ter outros quince ou vinte minutos de moito sufrimento nos que puido empatar o equipo cántabro, xa descendido. O gol de Jaime Garrido a dez minutos do final sentenciou e Darío Germil de penalti redondeou un resultado máis amplo (3-0) do que se viu sobre o céspede de Abegondo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade