Publicador de contidos
Publicador de contidos

O extremo Arón Díaz, primeira fichaxe do Frigoríficos

O extremo Arón Díaz, primeira fichaxe do Frigoríficos

O extremo de Lalín chega para suplir a baixa do veterano Moisés Simes

G24.gal 10/06/2024 16:04 Última actualización 10/06/2024 16:08

O extremo esquerdo Arón Díaz converteuse este luns na primeira fichaxe do Frigoríficos do Morrazo, co que asinou un contrato para as dúas próximas tempadas e ao que chega procedente do Fertiberia Porto Sagunto.

O xogador galego, de 27 anos, debutou esta última campaña na liga Asobal co conxunto valenciano, co que asinou 58 goles en 30 partidos (1.93 de media por encontro).

Formado nas categorías inferiores do BM Lalín, Arón Díaz xogou en División de Honra Prata co Teucro antes de asinar no verán de 2021 polo Porto Sagunto.

O extremo chega ao Frigoríficos para suplir a baixa do veterano Moisés Simes, quen o pasado sábado disputou o seu último partido como xogador da Asobal ante o San Pablo Burgos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos