Publicador de contidos

Publicador de contidos

O exalcalde de Ourense, Manuel Cabezas, declarou ante o xuíz por presunta prevaricación urbanística

O exalcalde de Ourense, Manuel Cabezas, declarou ante o xuíz por presunta prevaricación urbanística

Cabezas defende que as actuacións tiñan informes técnicos e xurídicos favorables

G24.gal 17/01/2022 21:47

O exalcalde popular Manuel Cabezas declarou ante o xuíz en Ourense. Tanto el coma o exconcelleiro de Urbanismo están acusados de non esixirlles o 10 por cento de aproveitamento aos promotores de 15 proxectos.

A Fiscalía e a acusación particular, exercida por unha exconcelleira socialista, sosteñen que o Concello deixou de ingresar máis dun millón e medio de euros. Manuel Cabezas asegurou que contaban co aval dos técnicos. A súa defensa pide a nulidade das actuacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade