Publicador de contidos

Publicador de contidos

O euro cae ao mínimo en 20 anos fronte ao dólar tras subiren os tipos da FED

O euro cae ao mínimo en 20 anos fronte ao dólar tras subiren os tipos da FED

Os investidores buscan refuxio na moeda norteamericana nun contexto de incremento dos xuros e da tensión con Rusia pola guerra en Ucraína

A FED sobe os tipos de xuros 0,75 puntos, quinto aumento en seis meses

G24.gal 22/09/2022 10:04

O euro caeu ao seu valor mínimo fronte ao dólar desde hai 20 anos, no nivel de 0,98 dólares, despois de que a Reserva Federal (Fed) subise os seus tipos de xuro en 75 puntos básicos e anticipase que é posible que incremente máis durante este ano e en 2023.

O euro cambiábase contra as nove e media da mañá a 0,9833 dólares, fronte aos 0,9891 dólares nas últimas horas da negociación europea do mercado de divisas da xornada anterior.

Ademais, as tensións con Rusia pola guerra en Ucraína levan os investidores a evitaren o risco e a compraren dólares, considerados unha divisa segura en momentos de crise

De feito, esa mesma evolución vese noutras moedas que tamén están perdendo valor. Por exemplo, o won surcoreano sitúase no seu mínimo respecto ao dólar desde marzo de 2009.

Tamén o ien xaponés se cambia en niveis descoñecidos desde hai máis de vinte anos. E é que ademais, no caso do Xapón, o seu banco central decidiu manter unha política de tipos de xuro negativos para estimular a economía, considerando tamén que un ien barato favorece as súas empresas exportadoras.

As bolsas moderan os recortes tras a apertura

A pesar de que no inicio da xornada se viron números vermellos en case todas as bolsas europeas, segundo avanzou a mañá as cotizacións deron a volta e moderaron eses recortes. 

Así, o Ibex 35 da bolsa de Madrid, que iniciaba a xornada cunha caída do 1,15 % reaccionando así a esa suba de tipos de xuro da FED, dúas horas despois de comezar as negociacións apunta un pequeno crecemento.

Na mesma liña, sitúanse as bolsas de Frankfurt, Milán ou Londres. 

Pola súa parte, Wall Street pechaba este mércores en vermello, e o seu principal indicador, o Dow Jones de Industriais, caía un 1,70 % tras unha xornada volátil marcada por esa nova suba dos tipos de xuro da Reserva Federal dos Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos