Publicador de contidos

Publicador de contidos

O espírito do Nadal tamén chegou ao Hospital de Ourense coa visita de Papá Noel

O espírito do Nadal tamén chegou ao Hospital de Ourense coa visita de Papá Noel

O Papá Noel, cos seus elfos e axudantes, percorreu corredores e habitacións para levar ilusión, agarimo e esperanza ás persoas ingresadas e tamén ao persoal sanitario

O papá Noel levou a ilusión ás traballadores e tredballadores e os doentes do hospital de Ourense.
G24.gal 25/12/2025 13:24

O espítito do Nadal tamén chegou ao hospital universitario de Ourense. Canso, pero cheo de agarimo chegou, e moi ben acompañado, o Papá Noel ao Hospital de Ourense. 

Durante a súa visita, estivo polas plantas de hospitalización, onde repartiu pequenos agasallos, sorrisos e mensaxes de ánimo entre os pacientes.

E tamén quixo recoñecer o traballo dos profesionais sanitarios, que continúan coa súa labor asistencial e de coidados nestas datas tan sinaladas.

En todo momento o Papá Noel estivo moi ben escoltado. Un equipo da Garda Civil de tráfico de Ourense acompañouno comoxa é habitual nestas datas. 

E por primeira vez este ano en moito tempo non había ningún neno nin nena ingresados nas plantas. Sen nenos ingresados pero coa mesma ilusión polo Nadal, a preseza do Papá Noel rompeu por un intre a rutina hospitalaria e levou ilusión aos enfermos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade