Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O espectáculo do solpor máis serodio de Europa atrae centos de turistas a Touriñán
Desde este xoves ata o 19 de setembro
                            G24.gal
                        
                            18/08/2022 22:36
                        
                        
                        
                        
                    
                    O cabo Touriñán, en Muxía, é estes días o lugar onde máis tarde se pon o sol en toda a Europa continental, a partir deste xoves e ata o 19 de setembro.
Son os últimos raios de sol do día en todo o continente. Este fenómeno prodúcese no cabo Touriñan dúas veces ao ano, a principios da primavera e a finais do verán.
O resto do ano, o solpor máis tardío pódese ver noutros 4 cabos, de Portugal e de Noruega.
Este solpor atrae locais e turistas.
E é un dos argumentos da candidatura da Costa da Morte como destino turístico StarLight.