Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA acusan de furto ao español detido polo ICE e ofrécenlle unha saída voluntaria do país

Os EUA acusan de furto ao español detido polo ICE e ofrécenlle unha saída voluntaria do país

A demócrata e gobernadora de New Yersey, Mikie Sherrill, visitando un centro de detención de migrantes do ICE (Europa Press) A demócrata e gobernadora de New Yersey, Mikie Sherrill, visitando un centro de detención de migrantes do ICE (Europa Press)
G24.gal 26/11/2026 21:49

O Departamento de Seguridade Nacional (DHS) dos Estados Unidos afirmou este xoves que Santi Almarcha, o rapaz de 22 anos detido polo Servizo de Inmigración e Aduanas (ICE) o pasado 15 de novembro, ten "un historial delictivo" e que se lle concedeu unha "saída voluntaria" do país.

Un portavoz do DHS asegurou que "o seu historial inclúe furto en comercios", aínda que sen engadir detalles sobre as acusacións nin se existe un proceso penal contra o novo. 

O Departamento de Seguridade Nacional engadiu que lle concederon a saída voluntaria a Almarcha Sempau, pero ata que chegue ese momento "permanecerá baixo custodia do ICE á espera da súa remoción de Estados Unidos", sen precisar unha data.

Na súa mensaxe, o DHS reiterou que Almarcha Senpau entrou de forma legal nos Estados Unidos o pasado 14 de xaneiro "de maneira temporal", pero "en contravención das leis, excedeu o seu período de estadía autorizado e non abandonou o país antes do 14 de setembro de 2026".

A avogada do catalán, Regina Pitarch, afirma que están tratando a Almarcha "coma se fose un criminal que matou a alguén ou que roubou, cando o único que pasou foi que administrativamente quedou sen permiso de residencia como consecuencia de que a universidade deulle de baixa por recibir clases en liña".

A letrada sobre todo denunciou a situación do rapaz, quen está nun centro de internamento levando un mono de cor laranxa e que cada día "está empeorando" nunha situación "moi precaria". O catalán está rodeado de moitos enfermos, con gritos pola noite, cando se manteñen as luces acendidas e non lles deixan durmir e ademais "está pasando fame".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade