Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presidenta do Consello Xeral do Poder Xudicial chama a Marlaska pola redución na escolta á xuíza Biedma

A presidenta do Consello Xeral do Poder Xudicial chama a Marlaska pola redución na escolta á xuíza Biedma

Marlaska lle dixo que non fora unha decisión súa, senón da comisaría de Badaxoz, cuxos responsables valoraron o risco que corría a maxistrada 

Tras esa avaliación decidiron poñerlle un servizo de contravixilancia.

Marlaska atende os xornalistas en Santander. JUANMA SERRANO ARCE/ Europapress Marlaska atende os xornalistas en Santander. JUANMA SERRANO ARCE/ Europapress
G24.gal 26/11/2026 20:02 Última actualización 26/11/2026 20:18

A presidenta do Consello Xeral do Poder Xudicial, Isabel Perelló, chamou este mércores o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, para pedirlle explicacións polos cambios na escolta permanente á xuíza Beatriz Biedma, que instruíu a causa contra o irmán de Pedro Sánchez.

Tras recibir o aval do órgano de goberno dos xuíces, a presidenta do Poder Xudicial chamou a Marlaska e este xoves trasladoulles aos vogais a resposta do ministro, segundo adiantou El Mundo.

Perelló contoulles que Marlaska lle dixo que non fora unha decisión súa, senón da comisaría de Badaxoz, cuxos responsables valoraron o risco que corría a maxistrada e decidiron reducir a vixilancia sobre ela, explican as fontes.

Esta cuestión debateuse no pleno de onte, cando un vogal comentou que, ao parecer, se lle retirara a escolta permanente a Biedma e, no seu lugar, se optara por un servizo de contravixilancia.

Nun primeiro momento, púxose sobre a mesa a opción de escribir unha carta ao comisario responsable, pero descartouse por completo ao non ser competencia do Consello. Foi entón cando Perelló dixo que ía chamar o titular de Interior para preguntarlle polo asunto.

O departamento de Interior puxo escolta permanente á xuíza despois de que o maxistrado da Audiencia Nacional Santiago Pedraz, instrutor do denominado caso Leire, imputase o exmaxistrado Luis José Sáenz de Tejada, a quen Cintia Rocho, presunta integrante do clan de narcotráfico dos Rocho, sinala como a persoa que lle pediu "eliminar" a xuíza Biedma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade