Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Emevé queda a un paso dunha gran remonta diante do Socuéllamos

O Emevé queda a un paso dunha gran remonta diante do Socuéllamos

G24.gal 16/01/2022 10:39

O Arenal Emevé perdeu por 2-3 diante do Kiele Socuéllamos, un dos mellores equipos da Liga Iberdrola de voleibol feminino. 

O acontecido nos dous primeiros sets facía pensar nun triunfo claro dun Socuéllamos que pelexa por rematar a temporada regular na primeira posición (21-25 e 15-25). 

A reacción do Arenal Emevé foi perfecta e, cando máis difícil estaba, conseguiu meterse no partido logo de completar dous grandes parciais (25-13 e 25-18). Todo quedou para o definitivo quinto set ao que se chegou con igualdade máxima (13-13) pero decidiu o Kiele con dúas accións xeniais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade