Michel Alonso asumirá de maneira interina o mando do Racing
O club ferrolán destituiu a Pablo López despois dos últimos malos resultados
Michel Alonso asumirá de maneira interina o mando do Racing. Rematou a etapa de Pablo López coma adestrador do Rácing de Ferrol. O coruñés, que chegara o pasado verán despois de asinar uns números espectaculares no Ourense C. F., foi destituído despois das dúas últimas derrotas acadadas polo seu equipo: en Avilés e en Pontevedra.
Deixa o equipo na quinta posición, posto que dá dereito a xogar o play off de ascenso, pero a 11 puntos do Tenerife, que é líder e ascendería de forma directa. López marcha cun balance de nove vitorias, tres empates e seis partidos perdidos. Pero máis aló dos resultados, o seu modelo de xogo non chegou a conectar de todo coa afección da Malata.