Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Emevé acolle catro xogadoras ucraínas: “A xente xa está chamando para ofrecer axuda”
                            G24.gal
                        
                            21/03/2022 15:54
                        
                        
                        
                        
                    
                    Por Zona mixta pasou a presidenta do Club Voleibol Emeve de Lugo, Bibi Bouza, para contarnos a odisea de catro rapazas ucraínas que chegaron a Lugo este sábado acollidas polo club.
Cansas, pero felices e serenas
As xogadoras, de entre 18 e 14 anos, deixaron as familias alá en Ucraína e non saben cando poderán volver velas.
Logo dunha semana de viaxe en autobús, primeiro ata Santander e despois ata Lugo, Bibi Bouza díxonos que a pesar do esgotamento, viunas felices.
“Agora din que están tranquilas e serenas”