Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Eixo Atlántico pide a Óscar Puente datos sobre o AVE Vigo-O Porriño

O Eixo Atlántico pide a Óscar Puente datos sobre o AVE Vigo-O Porriño

O Eixo Atlántico móstrase preocupado polo posible "impacto negativo" que o estudo previo da saída sur de Vigo poida ter no calendario da conexión de alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Portugal

Óscar Puente, ministro de Transportes (EFE) Óscar Puente, ministro de Transportes (EFE)
G24.gal 17/11/2025 11:35

O Eixo Atlántico, a organización de cooperación transfronteiriza para impulsar o desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, enviou unha carta ao ministro de Transportes, Óscar Puente, en que lle demanda información sobre o tramo de AVE Vigo-O Porriño e outros proxectos na comunidade e solicítalle unha reunión.

No documento, que facilitou a organización, o Eixo Atlántico móstrase preocupado polo "impacto negativo" que pode ter o estudo informativo previo da saída sur de Vigo no calendario da conexión por alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Portugal.

O Eixo Atlántico lembra a Puente que ese estudo foi contratado o 16 de maio de 2023 cun prazo de execución de 18 meses e debería concluír en decembro do ano pasado, hai "case 11 meses, sen que ata a data téñase noticia do mesmo".

Na carta lamentan non dispoñer de información sobre a situación dese trámite "excepto declaracións de carácter político que anunciaban a súa conclusión, primeiro en decembro de pasado ano, despois no verán deste ano e, por último, antes de finalizar o presente".

Por todo iso, "e co fin de evitar polémicas innecesarias que en nada benefician o desenvolvemento do proxecto", a organización transfronteiriza solicita ao ministro información oficial sobre a situación exacta do estudo informativo e a data na que será entregado ou unha estimación da mesma.

Na carta tamén se interesan por outros proxectos ferroviarios estratéxicos: as liñas Ferrol–A Coruña, Betanzos–Lugo e Lugo–Ourense, así como a estrada A-76, "actualmente paralizada", que conectará Ponferrada (León) con Ourense pasando polas comarcas de Valdeorras (Ourense) e Monforte de Lemos (Lugo).

A carta está asinada polo recentemente nomeado presidente do Eixo Atlántico, Miguel Fernández, alcalde de Lugo, e o vicepresidente, o portugués Luís Nobre. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade