O edificio incendiado estaba ocupado e pendente de desaloxo, pero sen danos estruturais
O edificio incendiado estaba ocupado e pendente de desaloxo, pero sen danos estruturais
O propietario do inmoble comunicoulle ao Concello hai un mes a súa intención de desaloxalo pola vía xudicial
Non existen problemas estruturais no edificio, salvo humidades e filtracións
O Concello decretou tres días de loito oficial
Os bombeiros de Vigo eleboraron varios informes en que alertaban da situación de risco no edificio incendiado. A concelleira de Seguridade recoñece que existen varios requirimentos por incidencias no inmoble.
O Concello sabía da ocupación ilegal do edificio, de feito o propietario comunicoulle hai un mes a súa intención de desaloxalo pola vía xudicial. En principio non existen problemas estruturais, salvo humidades e filtracións. Os servizos sociais municipais coñecían a familia afectada e tiñan un expediente aberto.
En canto teñan autorización, os técnicos municipais entrarán para valorar a estrutura do edificio e as súas condicións de habitabilidade. O Concello decretou tres días de loito oficial.
Trámites para desocupar o edificio
A propietaria do inmoble é unha comunidade de bens que tamén é dona do edificio lindeiro, e que hai un mes comunicara ao Concello a súa intención de facer traballos de reforma e de iniciar a vía xudicial para desocupalo e recuperar a posesión do mesmo.
A concelleira de Urbanismo, María José Caride, explicou que non constaba que houbese danos estruturais importantes no edificio. O concello tiña constancia dalgúns danos nunha fachada interior, pero os técnicos non puideron ratificalos porque non se lles permitiu o paso polos residentes.
Caride tamén indicou que o edificio que si ten requirimento municipal para facer obras é o número 4, onde se detectaron problemas de descunchados e de humidade na fachada que, en todo caso, non afectan a súa seguridade.