Publicador de contidos

Publicador de contidos

O "Don Juan Tenorio" revive no cemiterio de Lugo nunha homenaxe aos que non están

O "Don Juan Tenorio" revive no cemiterio de Lugo nunha homenaxe aos que non están

G24.gal 12/12/2021 22:54

Un dos cemiterios máis senlleiros e fermosos de Galicia é o da cidade de Lugo. E en noites coma a de hoxe vólvese aínda máis especial, xa que fixo de escenario para a representación da obra de teatro Don Juan, a cargo do grupo Palimoco. Tiveron sorte, ademais, xa que o tempo acompañou.

O Don Juan leva representándose en cemiterios dende hai moitos anos.
Palimoco Teatro acolleuse a esa tradición e representa esta obra no cemiterio de Lugo dende 2014.

Impresiona velos actuar con tanta profesionalidade e paixón. Algúns destes actores teñen tan só nove anos. O don Juan, que ten dezaseis, leva no teatro máis da metade da súa vida.

Cada escena agocha horas e horas de ensaios. O traballo que hai detrás desta representación da obra de José Zorrilla consegue que a maxia da actuación engaiole a todos estes actores, que atoparon no teatro unha segunda familia.

Estes rapaces conseguen dar unha nova versión á obra máis representada da literatura española.



 

 



 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade