Publicador de contidos

Publicador de contidos

O domingo 23 de febreiro, 57 Festa do Cocido de Lalín

O domingo 23 de febreiro, 57 Festa do Cocido de Lalín

Está declarada de Interese Turístico Internacional

G24.gal 17/02/2025 14:55

O domingo 23, o previo ao de Entroido, é desde hai 57 anos o día da Festa do Cocido de Lalín. Foi a primeira en toda España en ser declarada de Interese Turístico, e en 2020 acadaba o tamén o marchamo do Interese Turístico Internacional. É unha festa da que se podería falar moito, aínda que para promocionala os de Lalín prefiren apelar aos nosos sentidos: non hai mellor presentación para o cocido de Lalín que o cocido de Lalín.

"Ten o encanto de que é como cando ías á casa da avoa e entras no local e ten ese ambiente de vapor e ese recendo. Ao final son produtos moi do interior. Os grelos plantámolos nós, as patacas son da zona; o unto e os chourizos dos carniceiros e das granxas e dos fumeiros de Lalín", explica Álex Iglesias, o cociñeiro do restaurante Cabanas.

Comida Quilómetro Cero, sen apenas pegada ecolóxica e con raíz, que ademais serve para dar a coñecer a gastronomía galega en todo o planeta.

"Este ano traemos a Takahiro Nakamae, que é o embaixador do Xapón. Alí están moi interesados pola carne de porco de España e imos ver se conseguimos que lles guste máis o porco galego", anunciou Xosé Crespo, o alcalde de Lalín.

"Todas estas accións do mes do cocido e de promoción internacional son moi importantes para a promoción da nosa gastronomía de inverno", declarou Xosé Manuel Merelles, o Director de Turismo de Galicia.

En total haberá neste domingo de colofón do mes do cocido máis de 30 actos, co porco como gran protagonista, que atraerán visitantes de todas partes e farán que Lalín volva traspasar fronteiras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos