Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lalín celebra o día grande da súa festa do cocido

Lalín celebra o día grande da súa festa do cocido

Luis de la Fuente e Diego González Rivas, entre os comendadores desta edición

Alfonso Rueda presidiu os actos da encomenda e visitou os postos gastronómicos

G24.gal 08/02/2026 14:49 Última actualización 08/02/2026 15:27

A choiva deu unha tregua en Lalín para celebrar a tradicional feira do cocido. Este ano nomeáronse 9 novos comendadores, entre eles a psicóloga Irene Villa; o físico Jorge Mira;  a conselleira de vivenda María Martínez Alllegue; o Secretario Xeral da lingua Valentín García e o seleccionador nacional de fútbol, Luis de la Fuente, que asegurou sentir "unha profunda emoción" ao recibir o nomeamento. 

Tamén foi nomeado comendador o cirurxián galego Diego González Rivas, que ademais exerceu de pregoeiro.

"É moi importante para min como galego porque eu levo o nome de Galicia por todo o mundo, síntome galego sempre", dixo. 

O alcalde de Lalín asegurou que as virtudes da vila van máis alá do cocido:

"Intentamos sacar o mellor posible para ter un sitio onde vivir e traballar. Estes sitios máis pequechos son mellores para ter unha vida plácida e tranquila que os máis grandes",asegurou José Crespo. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu os actos da encomenda e gozou dos postos de comida instalados na vila.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos