Publicador de contidos

Publicador de contidos

O DOG establece a redución dos grupos na hostalería

O DOG establece a redución dos grupos na hostalería

A Xunta está á espera do aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a extensión do certificado covid

Consulta o DOG aquí

G24.gal 25/11/2021 18:23

Este xoves publicouse no DOG a disposición pola cal queda aprobada a redución dos grupos na hostalería anunciada esta semana pola Xunta.

Polo tanto, nos interiores poderán xuntarse grupos de ata oito persoas e quince persoas nas terrazas. A medida entra en vigor este sábado 27 e estará vixente, polo menos, ata o 18 de decembro.

Queda pendente a aprobación da extensión do certificado covid. A solicitude é presentalo nos restaurantes a calquera hora do día e nos bares a partir das 21:00 horas.  O TSXG recibiu este xoves a petición da autorización da Xunta para incorporar o certificado á actividade da hostalería diúrna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade