Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dix Aôut e o Momo gañan o Mundial 6M en Sanxenxo

O Dix Aôut e o Momo gañan o Mundial 6M en Sanxenxo

G24.gal 18/06/2022 21:03

E este sábado disputouse en Sanxenxo a última xornada de regatas da Xacobeo 6mR Worlds. 

Despois dunha semana de competición na que o vento non facilitou a navegación, hoxe a ría de Pontevedra recibiu a frota cun vento do suroeste que lles permitiu aos 40 equipos participantes poñerlle o ramo ao mundial.

Na división de Clásicos anulouse a primeira proba da mañá, e na segunda, o francés Dix Aout de Louis Heckly proclamouse campión da cita intercontinental despois dunha apertadísima manga que rematou por diante do Aida, de Francisco Botas, con quen tivo un duro man a man ata a mesma liña de meta.  

En Open, as dúas últimas probas serviron para que o Momo, do equipo suízo de Dieter Schoen, completase unha flamante semana de regatas que liderou de principio a fin para proclamarse gañador do Xacobeo 6mR, a primeira gran competición para o equipo suízo dende a súa estrea, a comezos deste ano, na clase 6 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos