Cargando resultados...
O dianteiro italiano Samuele Mulattieri xa está na Coruña para fichar polo Deportivo
Chega cedido con opción de compra obrigatoria se o Deportivo ascende
Foto Sassuolo
G24.gal
25/08/2025 12:28
Última actualización 25/08/2025 17:38
O dianteiro italiano Samuele Mulattieri ficha polo Deportivo. Esta tarde aterrou en Alvedro. Mulattieri ten 24 anos e procede do Sassuolo, equipo italiano da Serie B.
Mulattieri, dianteiro centro, xogou no Inter de Milán, no Crotono, no Frosinone e tamén pasou pola liga holandesa, no Volendam.
A temporada pasada marcou nove goles e deu catro asistencias en 32 partidos. Chega cedido con opción de compra obrigatoria se o Deportivo ascende.
En 2021 xogou coa sub-21 do seu país e coincidiu cunha das fichaxes do Deportivo este mercado, Giacomo Quagliata