O día invernal propiciou a fuxida cara os centros comerciais neste festivo
Moita xente aproveita o festivo para facer compras de Nadal
"Non temos outro sitio onde ir entón acabas mercando", comenta unha rapaza nun centro comercial
Cada quen ten os seus motivos para pasar o último día festivo da ponte de decembro facendo compras.
"Teño quen me quede coas peques e así marcho eu soa e aproveito", "A esta hora ao mediodía é unha boa hora para comprar porque está todo ordenadiño, pouca xente", "As aglomeracións me resultan un poco agobiantes entón eu prefiro vir cando hai moi pouquiña xente", " Pola semana non teño tempo entón aproveito a fin de semana e a primeira hora é cando menos xente hai", opinan varios clientes dun centro comercial
As compras de Nadal son para moitos unha preocupación, así que mellor sacalas do medio canto antes. En días coma hoxe, cun tempo invernal, os centros comerciais son tamén unha escusa para saír da casa.
"Evidentemente a temperatura está mellor aquí que fóra", "Na casa non se pode estar , vólvense tolos e aquí polo menos hai espazo e eles distráense un montón porque corren, arriba nas mesiñas xogan un rato e a verdade é que están super ben", falan unhas señoras