Publicador de contidos

Publicador de contidos

O detido polo crime do Areal comparece mañá nos xulgados

O detido polo crime do Areal comparece mañá nos xulgados

O detido tentou tapar o crime

A policía investiga o móbil do asasinato

G24.gal 12/01/2022 14:00

Todo apunta a que o presunto asasino empregou o móbil da vítima para tapar o crime. Supostamente, despois de cometer o asasinato, mantivo mensaxes teléfonicas cos achegados do falecido para aparentar certa nomalidade.

O roubo segue sobre a mesa, pero hai máis hipóteses abertas e os investigadores tentan esclarecer cal era o vínculo que mantiñan a vítima e o detido e se este último contaba coa autorización do falecido para realizar pagos coa súa tarxeta.

Para determinar o móbil do crime tamén procederán ao envorcado dos seus ordenadores persoais e reconstruirán os seus pasos antes do catro de xaneiro, o día en que a policía atopou sen vida a Benito Torreiro na súa vivenda. Os seus veciños agardan que a investigacion policial dea os seus froitos.

O xulgado onde o presunto asasino se negou a declarar inhibiuse en favor da sala que estaba de garda no momento da súa detencion. Por iso mañá volverá comparecer en sede xudical. Ata o momento só admitiu ante a Garda Civil no momento da súa detencion que coñecía a vítima e que estivera na súa casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade