Publicador de contidos
Publicador de contidos

O descenso da inflación pode frear a suba de tipos de xuro do BCE

O descenso da inflación pode frear a suba de tipos de xuro do BCE

Os últimos indicadore económicos apuntan ao optimismo

G24.gal 24/01/2023 21:16 Última actualización 24/01/2023 21:29

A situación económica de Europa segue a mellorar. A actividade industrial e a do sector servizos na zona euro volveu medrar en xaneiro, e no BCE tamén son máis optimistas. No Banco Central ven sinais positivos na inflación, o cal podería frear as subas nos tipos de xuro.

Os datos confirman certo optimismo prudente dos dirixentes da UE. A actividade empresarial da zona euro en xaneiro mellorou lixeiramente. Así o amosan dous índices económicos, os PMI do sector industrial e os do sector servizos. O das manufacturas reflicte que o sector aínda sofre unha lixeira contracción, pero a piques de darlle a volta. E o dos servizos xa está en expansión económica.

En conxunto, ambos os índices acadan máximos de sete meses. A economía do vello continente resiste as previsións dunha dura recesión. Grazas, tamén, a un mellor comportamento do comercio internacional.

No BCE destacan que isto son boas novas para a inflación, porque haberá menos escaseza de produtos. Algúns dos seus xefes, como o italiano Fabio Panetta, cree que hai marxe para subir os tipos de xuro en febreiro pero non en marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade