Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo, un pasiño máis cerca

O Deportivo, un pasiño máis cerca

Lucas Pérez consegue de penalti o único gol do encontro diante do Sestao

Cun triunfo a vindeira xornada ascendería á Segunda División

G24.gal 04/05/2024 19:51

O Deportivo quería espantar ás pantasmas do pasado e acadar un ascenso que se lles resiste. O Sestao formulou un partido moi táctico, bloque baixo, defensa xunta, e saída á contra, o Dépor non encontraba os ocos para facer dano. E así transcorreu a primeira metade, sen moitas ocasións, con dominio do equipo herculino e o Sestao tentando xerar perigo en transicións rápidas.

A película da segunda metade era a mesma, pero apareceu o de sempre, o Neno de Monelos, Lucas Pérez para anotar o penalti cometido sobre Yeremay e colocar o definitivo 0-1 no marcador que axuda ao seu equipo a dar outro pasiño máis na loita polo ascenso directo. A semana que vén, partido clave contra o Barça Athletic, segundo clasificado, en Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos