Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo quere seguir coa súa fortaleza a domicilio ante un Cádiz en depresión

O Deportivo quere seguir coa súa fortaleza a domicilio ante un Cádiz en depresión

Hidalgo e os obxectivos do equipo: "Isto vai de estar vivos na pelexa por todos. Partido a partido. Hai que estar vivos porque sempre dá opcións"

O Cádiz só logrou cinco puntos dos últimos 51, e non gaña na casa desde o 9 de xaneiro

Foto Deportivo
G24.gal 07/05/2026 12:08 Última actualización 07/05/2026 12:25

Mañá xogan o mellor visitante da categoría fronte a un Cádiz que só logrou cinco puntos dos últimos 51, que non gaña na casa desde o 9 de xaneiro e que suma  oito derrotas consecutivas na súa propia casa. Hidalgo cre que será un partido "igualado". A principio de tempada o técnico marcaba como obxectivo quedar en postos de promoción. A falta de catro xornadas...cambiou o obxectivo para Hidalgo?

"Isto vai de estar vivos na pelexa por todos. Partido a partido. Estar vivos porque sempre dá opcións".

A única derrota que concedeu o Deportivo de visitante este ano foi en Castelló. Desde entón asinou dúas vitorias e tres empates nos seus últimos cinco desprazamentos.

Idiákez é o novo técnico do Cádiz. Hidalgo foi seu discípulo. Di estarlle agradecido, pero mañá "cada un defenderá o seu".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade