O Deportivo perde o duelo de aspirantes en Castelló (2-0)
Camara adiantou os locais no minuto dez
Calatrava marcou o segundo no 62, cando empate coruñés parecía preto
O Castelló aproveita o tropezo do Rácing para poñerse de líder
O Dépor segue en playoff, a cinco puntos da cabeza
Partido de aspirantes. Partido que engadía o aliciente de coñecer o tropezo do líder, o Rácing de Santander. Castelló e Deportivo deixaron unha primeira metade de poder a poder, cun ritmo e un nivel de xogo fabulosos, impropios desta categoría.
O Castellón ben posicionado atrás e coas ideas claras arriba. E un Deportivo centrado, disposto para aguantar o pulso. A primeira parte foi de empate, pero unha faísca de calidade de Camara inclinou o encontro. Minuto dez. Cousas do fútbol, cando medraba no partido o Dépor, cun bulideiro Mella.
Á volta, os galegos tomaron o mando e comezaron a chegar. Soriano mandaba un balón ao traveseiro. O empate do Deportivo parecía preto, mais o Castelló aproveitou unha saída, unha acción individual de Calatrava, para castigar co segundo. Bonito zapatazo desde a distancia. Minuto 63. O Deportivo acusou o golpe e por minutos pareceu perdido. O Castellón non o soubo aproveitar. E o agardado pulo galego, nos minutos finais, para o máis que deu foi para un remate nun córner, na compensación.
Con este resultado, o Castellón pasa a ser o novo líder da categoría, co Deportivo en postos de playoff, a cinco puntos da cabeza.