Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo mantén os seis puntos de vantaxe e o Lugo queda a tres do precipicio

O Deportivo mantén os seis puntos de vantaxe e o Lugo queda a tres do precipicio

O cadro lucense suma no campo do Barcelona Atlètic a cuarta derrota consecutiva e precisa unha reacción inmediata para non ter problemas co descenso

Todo segue igual na zona alta para o Deportivo, pero cunha xornada menos

G24.gal 22/04/2024 21:02

O Deportivo sabe que unha das claves do ascenso pasa polo fortín de Riazor, e esta fin de semana non deixou pasar a oportunidade, con récord de asistencia incluído. Máis de 29.000 espectadores presenciaron a vitoria por dous goles a cero fronte á Cultural, o último equipo co que perdeu. Lucas volveu marcar tras un mes de ausencia e foi determinante.

O Deportivo mantense á cabeza con seis puntos de vantaxe sobre o Barça Atlètic, que esta xornada derrotou ao Lugo pola mínima cun autogol de Castrín. É a cuarta derrota consecutiva do equipo que dirixe Trashorras. Os lucenses, que non fixeron un mal partido e reclamaron un penalti no último minuto do engadido, están tres puntos por riba do descenso.

O Celta Fortuna perdeu por un gol a cero na casa do Nàstic, terceiro clasificado. O partido deixou unha imaxe absolutamente reprobable. A de dous afeccionados locais molestando a Rubén Banco nun saque de esquina ante a pasividade dos servizos de seguridade. O Nàstic condenou os feitos e anunciou a expulsión dun dos implicados.

O Arenteiro e a Ponferradina medíronse en Espiñedo nun duelo moi rochoso que acabou a ceros. Á falta de cinco xornadas para que remate a liga, o Arenteiro afástase das posibildiades de disputar a promoción de ascenso. Malia todo, a temporada dos de Javi Rey, sétimos na táboa, está sendo espectacular. A próxima semana visitan Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos