Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo elixe a Domingo Catoira para planificar o regreso ao fútbol profesional

O Deportivo elixe a Domingo Catoira para planificar o regreso ao fútbol profesional

Desvinculado do Español, o coruñés da canteira volvería ao club en que se formou como xogador

G24.gal 14/06/2023 22:10

Á falta da confirmación oficial, todo parece indicar que Domingo Catoira será o novo director deportivo do Deportivo. 

O coruñés acaba de finalizar contrato co Español tras o descenso do equipo perico, onde levaba tres anos. Salvo cambio de última hora, será o encargado de confeccionar o cadro de xogadores branquiazul co mesmo obxectivo das últimas tres temporadas, regresar ao fútbol profesional.

Domingo (50 anos) formouse como xogador no Fabril. Non chegou a debutar co primeiro equipo en partido oficial e acabou xogando na Segunda B en equipos coma o Lugo, o Benidorm ou o Novelda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos