Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo defende o liderado na súa visita a Tarragona (Domingo, 12:00 h /G2)

O Deportivo defende o liderado na súa visita a Tarragona (Domingo, 12:00 h /G2)

O Nástic atópase só un punto por debaixo dos coruñeses

Enfróntase o mellor local do grupo contra o mellor visitante

G24.gal 09/03/2024 12:28

A primeira defensa do liderado será unha dura proba para o Deportivo. Visita ao Nástic, o mellor local da categoría, no que vai ser un partido transcendental na loita polo ascenso. Un punto separa os dous primeiros clasificados. O equipo coruñés afronta o duelo no seu mellor momento dos últimos anos. Sete vitorias consecutivas e cinco encontros seguidos marcando cando menos catro goles. 

O Nástic só perdeu un partido no Nou Estadi. Foi hai dúas semanas ante o Teruel, pero o conxunto catalán recuperou a confianza co triunfo no Espiñedo o pasado sábado. É o equipo menos goleado da competición.

O liderado en xogo, mañá as doce do mediodía, na nosa segunda canle.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade