Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo cura as feridas cunha vitoria ante o Celta B

O Deportivo cura as feridas cunha vitoria ante o Celta B

A expulsión de Medrano xusto antes do descanso marcou o resultado

Lucas Pérez e Quiles de penalti marcaron os goles

G24.gal 26/03/2023 20:48

O Deportivo curou as feridas dos malos resultados nas últimas tres xornadas cun triunfo por 2-0 ante o Celta B. Marcaron Lucas Pérez e Quiles, pero a xogada que marca o partido é a expulsión de Medrano no minuto 41. 

O colexiado sacoulle cartón vermello despois dunha primeira parte en que ningún dos dous equipos deu xerado situacións de gol. 

Con dez, o Celta B xa non aguantou tan ben un Deportivo que, pouco a pouco, conseguiu meter na súa área os de Claudio Giráldez. Avisou Pepe Sánchez cun remate ao traveseiro e foi Lucas Pérez (minuto 67) o que abriu o marcador. 

O Celta B tentou reaccionar pero non deu ameazado a Mackay. Pola contra, o Deportivo sentenciou no 79 logo dun penalti cometido sobre Svensson e transformado por Quiles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade