O Deportivo chega a Zaragoza á busca da reacción na Liga
Os de Antonio Hidalgo visitan mañá (21h) ao pechacancelas da Liga coa idea de acabar coa serie de cinco xornadas sen gañar
Xa está o Deportivo en Zaragoza. Chegou alí esta tarde, onde mañá ás nove da noite enfróntase ó pechacancelas da categoría.
Antes, esta mañá facía o último adestramento en Miranda do Ebro. Tralo partido de copa o xoves, o cadro herculino non regresou a Coruña, proseguiu camiño cara Aragón. A copa tamén permitiu recuperar boas sensaicóns, o sabor da vitoria que na liga se lles leva resitindo cinco xornadas.
Antonio Hidalgo falou antes do encontro para valorar a importancia da vitoria copeira do xoves: "Gañar sempre reforza. Tamén reforza a competitividade, e aí é importante a Copa, co papel dos xogadores con menos minutos. Estou contento pola vitoria"
Sobre o encontro de mañá, o técnico teno claro: "Analizamos as situacións, e intentaremos estar máis no campo contrario. A partir de aí, intentaremos contrarrestar os matices do Zaragoza co cambio de adestrador, e potenciar os nosos."