O Deportivo busca volver mañá ao ascenso directo en Huesca (16:15h, TVG e AGalega.gal)
O equipo coruñés enfróntase no seu mellor momento co seu ex-adestrador, José Luis Oltra
O Deportivo ten a ocasión de volver a posto de ascenso directo. Así será se gaña en Huesca polo enfrontamento directo entre o Rácing e o Almería, os dous primeiros clasificados. Chega o equipo coruñés a este encontro no seu mellor momento, con sensacións positivas en tódalas facetas e con bos números nas últimas xornadas.
E é que vai quedando menos. Serán oito finais que van esixir o mellor do equipo coruñés na súa pelexa polo ascenso.
Antonio Hidalgo volve á que foi a súa casa as últimas dúas temporadas. Vaise atopar un Huesca en situación desesperada. O ex adestrador do Deportivo, José Luis Oltra, aínda non puído enderezar o rumbo do conxunto oscense. Leva catro partidos, con tres derrotas e un empate. A seis puntos da salvación, vanse esgotando as súas oportunidades.
Huesca-Deportivo, mañá domingo as catro e cuarto na nosa primeira canle.