Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo busca a estabilidade no xogo e os resultados contra o Huesca

O Deportivo busca a estabilidade no xogo e os resultados contra o Huesca

Yeremay é dúbida para recibir mañá ao terceiro clasificado (14:00 h)

G24.gal 22/02/2025 13:25

O Deportivo afronta mañá en Riazor unha nova proba ante un rival complicado, un Huesca que ocupa a terceira praza na clasificación. E coa dúbida de que versión ofrecerá o conxunto branco e azul, que vén de xogar un grande encontro ante o Almería para posteriormente desilusionar ao deportivismo na súa visita o Eldense. O obxectivo de Óscar Gilsanz é buscar máis estabilidade.

Yeremay, con molestias, é dúbida para o partido. Juan Gauto podería ser o seu substituto ante un Huesca que non perde desde hai máis de tres meses. O seu adestrador, Antonio Hidalgo, falou das dificultades que atopará o seu equipo en Riazor.

O Deportivo, que ten 35 puntos, buscará o triunfo para poñer terra de por medio cos postos perigosos da clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos