Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Deportivo atáscase en Matapiñonera
Empate sen goles diante do Sanse, nun partido en que gozou das mellores ocasións
Dous goles anulados ao equipo local por fóra de xogo
                            G24.gal
                        
                            27/02/2022 13:57
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Deportivo atascouse en Matapiñonera onde non pasou do empate diante do San Sebastián de los Reyes (0-0), un resultado insuficiente na súa pelexa por acadar a primeira posición nesta Primeira Federación.
O equipo de Borja Jiménez tivo as mellores ocasións, sobre todo nas botas de Soriano, pero non soubo definir diante da portería madrileña. O Sanse tamén dispuxo de boas ocasións e protestou dous goles anulados por fóra de xogo.
Na porta do Deportivo estreouse o canteirán Pablo Brea, que tivo unha boa actuación. Mantivo a portería a cero e demostrou seguridade durante os noventa minutos.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        