Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo xogará ante o Atlético de Madrid nos oitavos de final da Copa

O Deportivo xogará ante o Atlético de Madrid nos oitavos de final da Copa

A eliminatoria a partido único xogarase en Riazor o 13, o 14 ou o 15 de xaneiro

G24.gal 07/01/2026 12:11 Última actualización 07/01/2026 13:30

A Cidade do Fútbol das Rozas acolleu este mércores o sorteo dos oitavos de final da Copa do Rei despois de que este martes tivese lugar a eliminatoria entre o Granada e o Raio.

O Deportivo xogará en Riazor ante o Atlético de Madrid. O resto de emparellamentos son os seguintes:

Racing de Santander-Barcelona

Albacete-Real Madrid

Cultural Leonesa-Athletic Club

Burgos-Valencia

Betis-Elxe

Real Sociedade-Osasuna

Alavés-Raio Vallecano
Dáse a circunstancia, ademais, que esta rolda dos oitavos de final disputarase inmediatamente despois da Supercopa de España, que se celebra en Arabia Saudita. Así, a eliminatoria a partido único xogarase o 13, o 14 ou o 15 de xaneiro.

Nos oitavos de final exercerán de locais os clubs de inferior división. Unha rolda na que xa entrará o videoarbitraxe en escena.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade