Cargando resultados...
O Deportivo Abanca rendibiliza ao máximo o gol de Ainhoa Marín (1-0)
O Athlétic dominou en Riazor pero non tivo efectividade diante da portería de Inés Pereira
G24.gal
14/09/2025 14:14
O Deportivo Abanca sumou o primeiro triunfo da temporada diante dun Athletic que dominou pero que tivo moi pouca efectividade de cara a porta contraria. Valeu un gol de Ainhoa Marín no primeiro tempo. A velocidade da dianteira coruñesa foi o principal argumento do conxunto coruñés que chegou por diante no marcador ao descanso.
No segundo tempo o dominio correspondeu ao Athletic pero non atopou o xeito de superar a Inés Pereira. Mesmo estrelou un balón contra o traveseiro no tempo engadido.