Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca regresa ás derrotas en Sevilla (3-1)

O Deportivo Abanca regresa ás derrotas en Sevilla (3-1)

Ainha Marín, de penalti, marcou o único tanto deportivista

Os erros defensivos condenaron o equipo de Fran Alonso

G24.gal 22/11/2025 14:38

O Deportivo Abanca volveu amosar as súas carencias no campo do Sevilla. Aos problemas na creación de xogo de ataque engadiulle unha evidente falta de contundencvia defensiva.
Foi o que pasou na acción do 1-0, no que Inma Gabarro lle gaña a partida a Raquel García no xiro e a falta de axuda do esto da defensa. É certo que o seu golpeo é impecable, lonxe do alcance de Inés Pereira.
O Deportivo Abvanca tivo o seu momento e ese chegou cun erro na entrega do Sevilla e a intelixencia de Ainhoa Marín para aproveitalo. Penalti sobre a deportivista. Revisouse un posible cartón vermello a Sullastres pero quedou en amarelo. Ainhoa Marín transformou o penalti e permitía encarar o segundo tempo con optimismo.
Pero a realidade debuxou a un Deportivo con dúbidas e a un Sevilla que vai coa frecha cara arriba. Incidiu nas súas accións por banda dereita e por aí chegaron os goles. O 2-1 no 63. Centra Kanteh e remata Inma Gabarro. O segundo na súa conta. E o 3-1, sen signos de reacción deportivista, veu co centro de Débora e o remate a gol de Fatou Kanteh. 
O partido quedou decidido. Houbo tempo para ver a estrea da canteirá Lucía Rivas e para nada máis. Toca unha semana de parón polas seleccións e despois a seguir a loita pola permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar