Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espe Pizarro: “Non eramos as mellores gañando 1-6, nin tampouco somos as peores agora”

Espe Pizarro: “Non eramos as mellores gañando 1-6, nin tampouco somos as peores agora”

Espe foi convocada pola selección do Uruguai para disputar dous partidos amigables fronte a Ecuador

G24.gal 19/02/2026 16:44 Última actualización 19/02/2026 16:52

Catro goles e dúas asistencias nos últimos catro partidos e un nomeamento a mellor xogadora da liga F no mes de febreiro. Así arrincou o 2026 para unha Espe Pizarro que, despois dun inicio de tempada dificultosa polos problemas físicos, xa lidera ao Deportivo.

Esta foi unha semana tranquila de adestramentos tras a dura derrota ante o Sevilla.

“Non eramos as mellores gañando 1-6, nin tampouco somos as peores agora que encaixamos catro, así que pola miña banda, moi tranquila. O equipo víñao facendo moi ben. Non creo que fose un golpe tan duro para o equipo".

Espe foi convocada pola selección de Uruguai para disputar dous partidos amigables fronte a Ecuador. Ambos os encontros servirán de preparación para as eliminatorias de clasificación para o Campionato do Mundo de 2027 do mes de abril ante Perú, Bolivia e Chile.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade