O Deportivo Abanca buscará encadear dúas vitorias por primeira vez na temporada
Recibe o sábado (16:00 horas) o Sevilla en Riazor despois da goleada acadada por 1-6 no campo do Madrid CFF
O Deportivo Abanca está no mellor momento da temporada. Despois da vitoria por 1-6 no campo do Madrid CFF podería encadear dous triunfos seguidos por primeira vez en toda a temporada. Recibe este sábado en Riazor (16:00 horas) a un Sevilla que tamén está a realizar unha gran campaña, situadas na sexta posición con trinta puntos.
Dez menos ten un Deportivo que ten once puntos de diferenza por riba do descenso e que se pon como obxectivo chegar á altura do grupo de equipos que está con 26 puntos (Badalona, Granada, Athletic e o propio Madrid CFF).
Nos últimos tres encontros o equipo de Fran Alonso mantivo unha gran liña de xogo e resultados. Goleou nos campos do Logroño (0-4) e o xa referido triunfo da semana pasada e só perdeu na casa contra o poderoso Real Madrid (2-4) diante do que chegaron ao minuto setenta co empate no marcador.