O Deportivo Abanca quere mellorar diante do Atlético
O Atlético chega a Riazor logo de recibr unha malleira diante do Barcelona
As galegas suman catro partidos sen gañar, os dous últimos diente de equipos acabados de ascender
Traballo e unidade é a receita na que insiste Fran Alonso como camiño para poder reeditar a imaxe da única vitoria ata agora do Deportivo Abanca. Dende entón acumulan catro partidos sen gañar, con tres derrotas e o último empate, doloroso, no partido ante o Dux, no que chegaron a ir gañando por 2 a 0.
FRAN ALONSO. ADESTRADOR DEPORTIVO ABANCA "Sabemos que somos mellores do que reflicte a clasificación. Estamos nunha dinámica que non é positiva e que queremos cambiar desesperadamente"
Ante a aspiración deportivista presentarase mañá en Riazor un Atlético de Madrid que é o terceiro clasificado, pero que chega nun momento complicado, tras unha severa derrota ante o Barcelona por 0 a 6 a semana pasada, e outra hai dos días na Champions feminina fronte ao Manchester United,
un partido que ademais tivo duras consecuencias. Porque esta entrada de Jansen a Gio provocoulle unha lesión grave á dianteira brasileira: unha fractura do peroné que a vai ter un mínimo de tres meses de baixa.
Con todo, o Atleti chegará a Riazor con xogadoras como a internacional Fiamma Benítez, incluída na lista da seleccionadora Sonia Bermúdez.
Oportunidade para consolidar o regreso de Millene. O Deportivo precisa os goles da súa dianteira.