Cargando resultados...
O Deportivo Abanca queda a un gol do ascenso á Primeira División
Precisaba gañar o campo do Logroño, pero non pasou do empate (0-0)
O Eibar é o equipo que ascende logo da súa igualada en Granada
G24.gal
14/05/2023 15:13
O Deportivo Abanca empatou en Logroño ante o DUX (0-0) e terá que xogar o ascenso nunha eliminatoria ante o Cacereño. O partido na Rioxa rematou coa decepci´ñon das xogadoras do Deportivo que ascendían si conseguisen marcar un gol.
Precisaban mellorar o resultado do Eibar en Granada e o cadro vasco tampouco puido pasar do empate (0-0). Ascende o cadro eibarrés e as deportivistas deberán disputar dúas eliminatorias para conseguir ese mesmo obxectivo. O primeiro rival será o Cacereño.